Instrumentos tradicionais galegos
Os instrumentos propios do folclore galego son particulares e moi diferentes aos de outros países ademáis de distinguirse cada un dependendo da provincia á que pertenzan.
A PANDEIRETA

É o instrumento máis popular e extendido na música galega e que deu lugar a formacións específicas como son os grupos de pandereteiras. A pandeireta galega se diferencia do resto en que as súas ferreñas van dispostas no aro de madeira en dúas filas de forma alternativa, así como na forma de tocala xa que nós collemos a pandeireta coa man dereita, que é a que movemos, mentres que a esquerda é a que se mantén máis quieta. Está formada por unha membrana de pel (parche), e tamén por unas ferreñas cós bordes rizados dispostas en paralelo dunha forma alterna. O número de ferreñas sole ser de 7, 9 ou 11.
A PANDEIRA

Nas montañas dos Ancares e na provincia de Lugo atopamos as chamadas pandeiras. Estas son redondas (duns 40-50 cm de diámetro e 8-12 cm de alto) e levan algunhas ferreñas inseridas no marco. Fabrícanse curvando unha táboa duns 5-6 mm de grosor, e cubríndoa por un lado cunha pelica de cabra ou corzo. As pandeiras levan varios grupos de ferreñas.
Na provincia de Lugo consérvase aínda o uso destes instrumentos, intimamente ligados ao canto, sobre todo feminino, aínda ...que tamén os homes as empregaban. Alí aparecen varios tipos de pandeiras.
Para tocalas, as pandeiras sostéñense coa man esquerda en posición case vertical, co polgar introducido no furado do marco e o resto dos dedos en contacto coa pel, ficando a man esquerda na parte baixa do instrumento.

O son prodúcese fundamentalmente batendo na pel cos dedos da man dereita, aínda que tamén os dedos libres da esquerda poden axudar nalgúns ritmos.
As tocadoras de pandeira insisten en que a súa pel debe estar ben tensa, razón pola que era habitual quentalas no lume antes de tocar. Este detalle ten a súa importancia e veremos o porqué ao falar da clasificación das pequenas pandeiretas, o instrumento xeograficamente máis estendido no século XX en Galicia para acompañar o canto feminino.
Entre as súas caracteríticas máis destacables destes instrumentos están o número escaso de ferreñas e o seu gran tamaño, ademáis son moi semellantes, por certo, a moitos instrumentos do norte de África.

O PANDEIRO

É un cadrado ou rectángulo de madeira recuberto por coiro de cabra ben tensado por ambas caras. Dentro leva unha corda de tripa ou cordel onde iban colgadas antiguamente cunchas e actualmente axouxeres.
O pandeiro de man está composto por dúas membranas que se denominan parches, feitas dunha sola peza de pel de cabra que se cose por tres dos seus lados, axustándoa ao marco de madeira. No seu interior, entre o marco de maderia y a pel, leva unos bordóns, o que provoca que cando se golpea , vibran os bordóns conxuntamente coa pel producindo un sonido moi característico. Suele ter unha dimensión de 30 x 30 x 5 cm. Suele tocarse sostendo o pandeiro en alto coas dúas mans, de maneira que queda unha das esquinas do pandeiro no medio delas, e golpeando na pel cós dedos.

En Galicia o uso principal deste instrumento foi acompañar o canto e por tanto os bailes que se celebraban en fiadas, ruadas, seráns etc. Malia que seu uso tradicional chegou ata os nosos días só no sur da provincia de Pontevedra (Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Ponteareas, Mondariz, O Covelo, As Neves e Salvaterra), noutros lugares lembran aínda o seu recente uso, aínda que xa non se emprega, caso dos Ancares.
Para confeccionar un pandeiro emprégase un marco cadrado de madeira duns 3-5 cm de groso, e uns 40-50 cm de lado, redondeado ou biselado, asegurado con puntas e recuberto por ambas caras cunha pelica. O coiro do pandeiro é un tema recorrente na lírica tradicional, moitas coplas mencionan aos animais que se empregaban para facelo como o cabrito, a ovella, o castrón e o corzo.
Bibliografía
http://www.consellodacultura.gal/asg/instrumentos/os-membranofonos/pandeiro-cadrado/
http://agrileirademourinho.blogspot.com.es/2009/10/instrumentos-los-instrumentos-de.html
Información adquirida da páxina de PANDERETEIRAS ANTELA de Facebook
Ningún comentario:
Publicar un comentario