http://www.consellodacultura.gal/asg/instrumentos/indice-de-instrumentos/
Ademais da pandeireta, pandeira e o pandeiro xa publicados agora imos falar pois do instrumento galego por excelencia que non é outra que a gaita galega, e tamén o tambor e o bombo.
A GAITA
A GAITA
A gaita é o instrumento galego por excelencia, máis coñecido como representante da música galega.
É un instrumento de vento madeiro que se compón dun conxunto de materiales que son:
A madeira é o elemento principal có que se elaboran as gaitas. As máis apreciadas para as gaitas galegas son o cocobolo, o buxo e o granadillo.
A elección da madeira dependerá do gusto do gaiteiro, pero hai que ter en conta que unhas son máis sensibles que outras aos cambios bruscos de temperatura e humidade. no caso do buxo é a máis sensible polo que é pouco recomendable para zonas climáticas con temperaturas extremas.
Outro punto que hai que ter en conta á hora de escoller a madeira é o carácter tímbrico que lle vais a aportar ao instrumento. O buxo é moi apreciado polos solistas pola súa dulzura e riqueza armónica. É a madeira autóctona que máis se utilizou para construir as gaitas tradicionais galegas.
A escaseza do buxop e a inquietude por buscar novos timbres, levou aos artesans a buscar madeiras exóticas nobles como o cocobolo ou o granadillo. En concreto o granadillo presenta unha tolerancia maior aos cambios de temperatura e humidade e aporta un timbre cristalino e brillante.
ANILLADO

Metacrilato | Latón | Alpaca | Plata | Seinox |
Ainda que as gaitas antigas non dispoñían de
anillas, o anillado moderno cumple unha función importante como é a de
protección das partes máis sensible da gaita como o partes do ronco, do
punteiro, do chión, etc.. que cun pequeno golpe xa racharían. A parte desta
función primaria de protección tamén é importante o seu papel decorativo,
distintivo e de personalización
Alguns dos anillos son máis económicos e outros cun precio máis elevado, o máis común polo seu precio non demasiado alto é o metacrilato e entre os máis caros encontramos a plata.
VESTIDO



Para a funda, o vestido se pode escoller entre catro
diferentes modelos. A funda estándar de terciopelo, a brocada, a de lino e a doble, que é unha combinación das anteriores. Para a confección dos
vestidos se utilizan terciopelos, linos e brocados de alta calidade nunha
amplia gama de cores. É posible combinar cualquera cor, tanto en fundas
como en flecos.
http://www.seivane.es/es/nuestras_gaitas/index1.html
TAMBOR GALEGO

O tambor galego é un instrumento chato, no
que a altura da caixa non supera nunca o diámetro da mesma. Esta caixa
fabrícase de diversas madeiras (nogueira, cerdeira, piñeiro, castiñeiro etc.)
dobrando unha táboa duns 5 mm de grosor que é reforzada internamente con dous
ariños na súa parte superior e inferior, malia que é posible que antigamente se
fabricasen tamén baleirando troncos de árbores.
O tambor faise
soar batendo na súa pel superior con dous paus de madeira duns 35-40 cm de
longo e 15-20 mm de groso na súa parte posterior, que diminúen progresivamente
de grosor cara a punta ata os 8-10 mm. Deste xeito os paus teñen forma de cono
estreito e longo que remata nun engrosamento final en forma de oliva, que é o
que bate na pel do tambor.
A técnica de execución do tambor galego
é rica e inclúe redobres abertos e pechados, golpes sobre os aros e cunha
baqueta sobre a outra, contratempos á melodía etc. Os tamboriteiros e gaiteiros
consultados ao respecto coinciden en que o tambor debe
“cantar” a melodía da gaita de fol, é dicir, debe imitar os debuxos melódicos e
rítmicos desta dentro das súas posibilidades.
http://www.consellodacultura.gal/asg/instrumentos/os-membranofonos/tambor-propiamente-dito/
http://musicaljr.com/es/tambores/46-tambor-gallego-grande.html
BOMBO

O instrumento musical que en Galicia se
denomina bombo é
un tambor chato,
cun diámetro de caixa de entre 60 e 90 cm, que foi decrecendo co paso do tempo,
e unha altura duns 25-30 cm. Fabrícase integramente en madeira dun xeito
absolutamente semellante ao que xa describimos para os tambores que
acompañan ás gaitas de fol. Carecen sempre de bordóns e poden ir equipados cuns
pratiños.
Os bombos pendúranse
cunha correa do ombreiro do tocador, coas peles en posición case vertical e
lixeiramente inclinados cara á esquerda. Bátese unicamente na súa pel dereita
empregando unha pequena maza de madeira, duns 25 cm de lonxitude e 3 de
diámetro que na punta se engrosa ata os 6-7 cm indo aquí recuberta de pel,
pana, veludo ou calquera outra tea axeitada.
Xunto co tambor formou
parte do acompañamento dos gaiteiros solistas nalgunhas zonas de Galicia, malia
ser descoñecido neste uso noutras zonas, sobre todo naquelas máis arcaizantes,
motivo polo que podemos dicir que seguramente se incorporou ao gaiteiro solista
con posterioridade ao tambor. Os bombos forman
parte imprescindible dos cuartetos tradicionais.
Como os tambores tradicionais,
algúns bombos aparecen
pintados de azul e branco, azul e vermello ou marelo e encarnado, e é moi
frecuente nos grupos folclóricos que a pel que non é batida coa maza estea
ricamente ornamentada, ben co nome do grupo e algunha filigrana, ben con
escenas costumistas.
http://www.consellodacultura.gal/asg/instrumentos/os-membranofonos/bombo/
AQUI VOS DEIXO UNHA MOSTRA DUN CUARTETO TRADICIONAL CON ESTES INSTRUMENTOS NOMEADOS ANTERIORMENTE:
Publicado el 21 sept. 2014
Gaitas: Isidro Vidal e Miguel Diz
Percusión: Ramón Corral e Ivan Blanco
Muiñeira de Ramelle - Tradicional (arr. Isidro Vidal)
Xaloucos - Daniel Bellón
Percusión: Ramón Corral e Ivan Blanco
Muiñeira de Ramelle - Tradicional (arr. Isidro Vidal)
Xaloucos - Daniel Bellón
Ningún comentario:
Publicar un comentario