martes, 24 de novembro de 2015

O GALEGO

IDIOMA DE GALICIA

En Galicia conviven actualmente dous idiomas que son o galego e o castelán
Dende séculos anteriores, en Galicia , o castelán foi a lingua dominante, e isto ocorreu por diferentes acontecementos históricos.

En Galicia pártese do latin ata chegar ao bilingüímo actual. Houbo épocas de esplendor e outras de moita crise, momentos nos que escritores galego estaban en auxe e se deron importantes acontecemento como a creación da Real Acaddemia Galega, do diccionario galego, de diversas revista que hoxe en día xa non están pero tiveron un importante significado no seu tempo como a Revista Nós; e tamén momentos de moita tristeza para o noso idioma ata chegar a prohibilo entre a poboación, os libros, os mestres, etc..

Con todo hoxe en día o idioma predominante segue sendo o castelán e en moitos casos séguese identificando o galego coas aldeas e os aldeans.

Grazas a moitas persoas que nos momentos de tristura e prohibicion o seguiron falando e manténdoo presente e a moitas outras que o normatizaron e o dilvugaron podemos dicir que temos un idioma propio de galegos co que nos podemos e debemos identificar porque nos diferencia de todos as demáis comunidades autónomas, provincias, países, etc.. porque é algo noso do que debemos sentir orgullo.





Entre algun dos personaxes máis ben escritores galegos que defenderon o galego por riba de todo e son mois importantes son:

ROSALIA DE CASTRO                                                                  CASTELAO


Ningún comentario:

Publicar un comentario